Martes 17 de Mayo Dia Das Letras Galegas POEMAS DE RAMIRO FONTE Poeta EUMES POLAS RIBEIRAS DO EUME Xa o meu pensamento vaga Ó poñerme a caminar, Fora de tempo e lugar, Pola milenaria fraga. Vou polos fondos camiños, Xunto ó variable espello, Vou p ...olos camiños vellos. Solitarios, ribeiriños. Vereas dos escapados, Laxeiras esvariadas, Sen calendario, sen días, Sen futuro, sen pasado. Quen me guía é Pablo Rei Que, faga o tempo que faga, Se aventura pola fraga Cos seus silencios de lei. ......... AUGAS Tódolos regatos morren Nas augas dun río alleo. E tódolos ríos corren Ó mar, baixo o mesmi ceo. ... Dixolle a bágoa ó meu río Como quen lle dá un consello Dos que utilizan os vellos: "Non te conxeles de frio". .... Nunca me acheguei, Narciso, Ata a beira do regato, Mais el lle fixo un retrato A aquel neno, ben preciso. ... Lávame esta camisiña, Dilixente lavandeira, Na pedra desta ribeira Para cubrir a alma miña. ... As espumas de xabón Alegran unha emoción. .....................
No hay comentarios:
Publicar un comentario