O Consello de Europa aprobou onte a catalogación dos Camiños de Arte Rupestre Prehistórica (CARP), unha asociación internacional de carácter transnacional que ten por obxectivo a promoción e divulgación de centros de arte rupestre en Europa, como Itinerario Cultural Europeo. A Asociación CARP inclúe, canda outras cen localizacións, catro sitios galegos con arte rupestre, o Parque Arqueolóxico da Arte rupestre, a Área arqueolóxica de A Caeira, a de Tourón e os Petróglifos de Tourón. Xa que logo, estas catro áreas súmanse ao Camiño de Santiago como ben cultural europeo.
CLICK: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17126
Este domingo iniciáronse os traballos para a recuperación e documentación do petróglifo de Pé de Mula, na parroquia mondaricense de Sabaxáns. O primeiro paso do proceso foi unha multitudinaria conferencia aos veciños impartida polo director do proxecto, o arqueólogo Alberte Reboreda, acompañado polos expertos Francisco X. Costas Goberna e Antonio de la Peña, no que a xente de Sabaxáns puido coñecer a relevancia do sitio arqueolóxico. O equipo realizará un escaneado 3D do conxunto de petróglifos, limparano e elaborarán un documento que indique as medidas máis urxentes de cara a súa conservación. Nos traballos participan a Universidade de Vigo e a Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Pontevedra.
A laxe na que foron descubertos os petróglifos polos afeccionados á arqueoloxía Ángel de Prado e Manuel Ledo contén dous petróglifos labirintiformes en desigual estado de conservación. O máis importante acada un diámetro de 1'70 metros de lonxitude, o que o convirte no meirande de todos os documentados ata o momento en Galicia. Ademáis, aparecen outros motivos que acompañan a estas dúas grandes repreentacións. Os traballos rematarán a vindeira semana. Co material xenerado do proxecto farase unha exposición que se abrirá na parroquia de Sabaxáns e no balneario de Mondariz.
CLICK : http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19281&soportal
No hay comentarios:
Publicar un comentario